Manuel Perez Masero como presidente de CECAP Galicia y Ramón Martínez Gómez como presidente de CECAP Lugo, y ABANCA firman un texto de colaboración para mejorar la competitividad de iniciativas empresariales
Cecap Lugo / lunes, 16 de octubre de 2017
- O banco e CECAP Galicia asinan un texto de colaboración para mellorar a competitividade destas iniciativas empresariais
- Os asociados gozarán de mellores condicións na contratación de produtos da entidade financeira galega
- Os estudantes destes centros terán maiores facilitades para financiar os pagamentos de maneira flexible e rápida
10.10.2017. ABANCA e CECAP Galicia veñen de asinar un convenio financeiro que busca facilitar a posta en marcha de novas iniciativas empresariais ou a mellora das actuais. Un obxectivo fixado polas dúas entidades grazas ás alternativas de crédito que acordaron conxuntamente.
O presidente da Federación Galega de Empresas de formación e ensino, Manuel Pérez Masero, e o director territorial de ABANCA en Lugo, Walter Álvarez, rubricaron hoxe en Lugo un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial galego.
O convenio facilita que os empresarios das Empresas de formación e ensino privados de Galicia asociados accedan a unha ampla oferta financeira con condicións melloradas respecto ao mercado. Así, poderán contratar produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial.
0 comentarios