O delegado territorial participou nunha xornada organizada pola Asociación Lucense de Centros de Formación en colaboración coa Confederación de Empresarios de Lugo
Cecap Lugo / jueves, 20 de abril de 2017 0 760 Votos del artículo: 5.0
Lugo, 7 de abril de 2017.- O delegado territorial da Xunta, José Manuel Balseiro, destacou hoxe que a Consellería de Economía, Emprego e Industria incrementou no presente exercicio nun 21,6% o orzamento destinado á formación para o emprego, capítulo ao que dedica en total 86,2 millóns de euros.
O delegado realizou estas declaracións no marco dunha xornada informativa organizada pola Asociación Lucense de Centros de Formación en colaboración coa Confederación de Empresarios de Lugo (CEL), e centrada na recente convocatoria do programa de cursos para o emprego que sufraga a Consellería.
Balseiro lembrou que esta convocatoria contempla 40,7 millóns de euros para financiar 750 cursos que impartirán entidades sen ánimo de lucro, empresas ou concellos, e que poden beneficiar a 11.250 alumnos e alumnas no conxunto de Galicia.
Así mesmo, a consellería dispón 7 millóns de euros adicionais para as becas
0 comentarios