Cecap Lugo organiza unha xornada informativa sobre a orde AFD
Analizaránse os cambios e dúbidas da normativa que regulará a impartición de accións de formación para desempregados en Galicia en 2017
Cecap Lugo / viernes, 7 de abril de 2017
Lugo, a 31 de marzo de 2017.- A Asociación Provincial de Empresas de Formación CECAP Lugo, que preside Ramón Martínez, organiza para o próximo día 7 de abril, venres, unha xornada informativa na que se analizarán as novidades da orde que regula as axudas para a programación de accións formativas dirixidas prioritariamente a persoas en situación de desemprego, publicada recentemente no Diario Oficial de Galicia (DOG).
Esta xornada, dirixida as empresas de formación da provincia de Lugo asociadas a CECAP Lugo, busca, ademáis de informar sobre os cambios que se producen respecto a convocatorias anteriores, aclarar as dúbidas e lagunas que adoitan a xurdir á hora de interpretar a normativa.
Con este fin, a xornada, que terá lugar na sede central da CEL ás dez da mañá, contará coas intervencións de Beatriz Corral, xefa do Servizo de Orientación e Promoción Laboral e Pilar Fernández, xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria.
A xornada tamén contará coa asistencia de José Manuel Balseiro, delegado da Xunta en Lugo, e Manuel Pérez Masero, presidente de Cecap Galicia, entroutros.
0 comentarios