Estimad@ Asociad@:
O vindeiro mércores 12 de maio ás 10:30 horas CECAP Galicia realiza unha webinar sobre « A ORDE AFD 2021-2022″ publicada no DOG do pasado 30 de abril, pola que se establecen as bases reguladoras para as accións formativas do Plan formativo para o emprego (persoas traballadoras desempregadas) da Comunidade Autónoma de Galicia para o período 2021- 2023, e se realiza a súa primeira convocatoria para os exercicios 2021 e 2022.
O webinar que será presentado polo presidente de CECAP Galicia, D. Manuel Pérez Masero, terá como relatores a Dª Becky Hermida Manzaneque, Secretaria Xeral de CECAP Galicia e D. Roi Bermúdez Polo, Vicepresidente 1º da entidade.
A inscrición poderá facela enviando un correo electrónico a secretaria@cecapgalicia.org indicando:
– Correo electrónico do participante
– Nome e empresa
Cada participante recibirá un correo electrónico co enlace á reunión, podéndose inscribir máis dun asistente por centro.
A webinar terá unha duración aproximada de 1 hora cunha parte de exposición e un apartado de aclaración de dúbidas e preguntas.
¡¡¡Anímese a participar!!!!
Secretaría CECAP Galicia
Tlfno. 981553584/663957094
0 comentarios