Estimad@ Asociad@,
Informamos do obradoiro que realizará CECAP Galicia, coa colaboración do IGAPE o vindeiro xoves 29 de abril ás 17:00 horas denominado «OFICINA VIRTUAL O365 PARA CENTROS DE FORMACION» (Xestión de alumnos e tarefas, Ferramentas para clase, Plataforma de comunicación…). Neste obradoiro facilitarase aos asistentes unha licencia de acceso da ferramenta para a realización desa práctica.
A inscrición poderá facela ata as 14:00 horas do mesmo xoves 29 de abril enviando un correo electrónico a secretaria@cecapgalicia.org indicando:
– Correo electrónico do participante
– Nome e empresa
Cada participante recibirá un correo electrónico co enlace á reunión, claves de acceso a la herramienta e un número de teléfono do departamento de soporte para calquera problema á hora de acceder.
O taller terá lugar a través de aula virtual cunha duración de 2,5 horas cunha parte de exposición e outra de aplicación práctica.
O obradoiro ten prazas limitadas para 20 centros, que se irán cubrindo por orde de inscripción (pódese inscribir máis dun asistente por centro)
Secretaría CECAP Galicia
Tlfno. 981553584/663957094
0 comentarios