Asisten a Xuntanza de coordinación Plan de Formación
A PROGRAMACIÓN DE CURSOS PARA TRABALLADORES DESEMPREGADOS BOTA A ANDAR COA PREVISIÓN DE FORMAR A PRETO DE 2500 PERSOAS NA PROVINCIA
- O delegado territorial, José Manuel Balseiro, mantivo unha reunión de coordinación coa trintena de entidades que impartirán as 162 actividadesformativas que financia a Xunta en Lugo
No último mes comezou a desenvolverse a programación de accións formativas para traballadores desempregados que financia a Xunta na provincia, ás que poderán acceder 2430 persoas, e seguirán sumándose cursos nas vindeiras semanas ata completar os 162 previstos.
Con este motivo, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, presidiu a reunión de coordinación á que asistiron representantes das 36 entidades que impartirán a formación, así como técnicos da Consellería de Economía, Emprego e Industria e a xefa territorial, Pilar Fernández.
O obxectivo da xuntanza, segundo afirmou Balseiro, é “propiciar un achegamento para que a información sexa fluída e así poder acadar os obxectivos propostos polas dúas partes”. O alumnado pode solicitar o centro e a materia na que se desexa formar a través do portal de Emprego https://emprego.xunta.gal/portal/index.php/gl/buscador-de-formacion.
O Plan de Formación da Xunta na provincia completarase proximamente coas actividades que organizan os centros propios da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Lugo, Viveiro e Monforte de lemos, que sumarán en torno a 25 cursos e 1 millón de euros máis de investimento.
0 comentarios